Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de beirarrúas e acceso ó cemiterio de Catabois.

b) Prazo de execución: catorce meses.

3. Financiamento do contrato.

O presente contrato comprende dúas anualidades e será financiado pola deputación provincial con cargo á partida 02-5111-611.02 do orzamento xeral en vigor do Concello de Ferrol, segundo a seguinte desagregación.

Anualidade 1999: 17.393.614.

Anualidade 2000: 5.882.417.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

5. Orzamento base de licitación.

Sinálase como tipo de licitación: 23.276.031 ptas., incluído o IVE.

6. Clasificación do contratista:

Grupo C, subgrupo 6, categoría C.

7. Garantía.

Provisional: 465.521 ptas.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Domicilio: Praza de Armas, s/n.

d) Localidad e código postal: Ferrol 15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de remate de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o día no que apareza publicado o último anuncio de licitación, ben no DOG ou no BOP. (Se o último día coincidise en sábado, festivo ou domingo, trasladarase ó seguinte día hábil).

b) Documentación que se presentará: as sinaladas na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.

1ª Entidade: Concello de Ferrol.

2ª Domicilio: Praza de Armas, s/n.

3ª Localidade e código postal: Ferrol 15402.

4ª Teléfono: 981 33 67 03.

5ª Fax: 981 35 41 22.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Domicilio: Praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se sinale ós licitadores.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 5 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado