Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-319).

Por resolución nº 2004/99, do 7 de abril de 1999, tomouse o seguinte acordo:

1. Tomar coñecemento da titularidade alegada en escrito de Amparo Lodeiro Muiños (R.E. nº 1641 do 9-2-1999).

2. Aprobar definitivamente a delimitación e determinación do sistema de compensación, como o de actuación, no ámbito no SUNP B-29-R, no Seixal, Nós.

3. Dilixencia-los planos e documentos que conforman a delimitación.

4. Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOP.

5. Notificar a tódolos afectados o presente acordo.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó que reciba a notificación do presente acordo.

Nembargantes, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderá interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais, segundo a redacción pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 21 de abril de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta