Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de referencia OU 295/1998P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106 do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de

recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto nº 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 12 de abril de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 295/98P.

Denunciado: Luis Roca Domingo.

DNI: 36.941.182-P.

Último enderezo coñecido: r/ Merced, nº 7. Verín (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen leva-la licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 10.000 pesetas.