Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de referencia OU 209/1998P e OU 120/1998P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que nos anexos se mencionan a resolución do expediente sancionador por presun

tas infraccións á Lei 7/92, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo dun mes (30 días hábiles), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, de non se-lo caso, ésta será firme para tódolos efectos.

Ourense, 12 de abril de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 209/1998P.

Denunciado: Manuel Rua Falgueira.

DNI: 34.717.489.

Último enderezo coñecido: Vilardecervos. Vilardevós (Ourense).

Feitos probados: pescar cunha cana a quince metros aproximadamente do pescador.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.3º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 15.000 pesetas.

ANEXO II

Expediente: OU 120/1998P.

Denunciado: Modesto Vilar García.

DNI: 35.556.203.

Último enderezo coñecido: rúa Prado de Canda, s/n. O Covelo (Pontevedra).

Feitos probados: pescar con máis canas das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.000 pesetas.