Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de abril de 1999 pola que se lle outorga a Asunción Moreda Neira, permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos no establecemento Pescados Chinchona en Foz (Lugo).

Visto o expediente iniciado por instancia de Asunción Moreda Neira, no que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos na instalación Pescados Chinchona, que posúe en Foz (Lugo).

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial de Lugo do 15 de outubro de 1998, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgar a Asunción Moreda Neira (DNI 33.713.114) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: Pescados Chinchona, Foz (Lugo).

-Especies: lubrigante (Homarus gammarus), langosta común (Palinurus vulgaris), nécora (Macropipus puber), centolo (Maja squinado), boi (Cancer pagurus).

-Superficies: dominio público, non ocupa. Dominio privado, 9,75 m. Superficie de estabulación: 10 piscina de 1,37 m, 20 piscina de 1,56 m, 30 piscina de 0,86 m, que fan un total de 3,79 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira: terá unha vixencia de dez anos que se contarán a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado, presentada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda: o lugar e as obras da instalación do establecemento, axustarase ós planos e proxectos presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde e quedarán rematadas no prazo dun (1) ano. Rematadas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira: o establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura (Diario Oficial de Galicia nº 140, do 17-7-1996), e na Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos (Diario Oficial de Galicia nº 216, do 5-11-1996), así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta: o titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións. Estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta: o permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72, Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997.

Sexta: o outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sétima: o interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencios-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura