Vista a documentación presentada por Neptuno Atlántico, S.A., na que solicita autorización para transmisión de titularidade dunha granxa mariña situada na Graña, Ribeira (A Coruña), a favor de Promotora de Recursos Marítimos, S.A.
Tendo en conta que na reunión da xunta xeral extraordinaria e universal de accionistas da entidade mercantil Promotora de Recursos Marítimos, S.A. con data do 19 de xullo de 1996, que adoptou por unanimidade o acordo de cambia-lo nome da sociedade, pasa a denominarse Stolt Sea Farm, S.A. con NIF nº A 28682987, e que o dito acordo foi elevado a público mediante escritura número 1.921, de 14 de agosto de 1996, ante Carlos Pérez Budín, notario de Madrid.
Tendo en conta que con data do 22-7-1998, o Ministerio de Medio Ambiente informou favorablemente o cambio de titularidade da concesión administrativa para a ocupación dos 300 m de terreos de dominio público marítimo terrestre.
Vista a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5-1993), e o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (Diario Oficial de Galicia nº 142, do 24-7-1997).
Vista a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista da proposta da Delegación Territorial desta consellería na Coruña, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, e co visto e prace do director xeral de Recursos Mariños,
RESOLVE:
Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade Stolt Sea Farm, S.A. con CIF A-28682987, a titularidade do permiso de actividade e concesión administrativa do seguinte establecemento de acuicultura:
Tipo de establecemento: granxa mariña.
Situación: A Graña, Couso, concello de Ribeira (A Coruña).
Especie autorizada: rodaballo (Scophtalmus maximus) e robaliza (Dicentrarchus labrax).
Superficie de dominio público: 300 m
Superficie de dominio privado: 7.350 m.
Capacidade: 200 Tn/ano.
Título habilitante: 12-2-1986 (Diario Oficial de Galicia nº 42, do 28).
Vixencia: 28-2-2006.
De acordo co establecido na disposición adicional 50 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, a eficacia da presente orde queda demorada ata que a sociedade titular do permiso de actividade obteña do órgano competente da Administración do Estado o cambio de titularidade da concesión para a ocupación dos 300 m de dominio público marítimo terrestre.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario.
A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 1999.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura