Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (248 e 368/1998).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridad cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emplega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na r/ Gagos de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo, cobraranse pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario ante o conselleiro de Xusticia, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Vigo, 13 de abril de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 248/1998.

Denunciada: Consuelo Souto Pérez.

Enderezo: r/ Italia. Monteporreiro (Pontevedra).

Establecemento: Nebulosa.

Precepto infrinxido: artígo 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artígo 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 25.000 ptas.

Nº de expediente: 368/1998.

Denunciado: Coto Gran Vía, S.L.

Enderezo: Gran Vía, 179 (Vigo).

Establecemento: Dúplex.

Precepto infrinxido: artígo 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artígo 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 50.000 ptas.