Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de abril de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, proposta do expediente sancionador VP-C 51/1998.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

A dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 500.000 ptas, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dáse traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estimen pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificacións ós interesados de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a de 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 20 de abril de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 51/1998.

Carolina Badía Benzano

Avda. Castelao, 25- baixo dereita, Caranza (Ferrol).