Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (Expediente LU-E 73/1999 e catro máis).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de Negociado Inés Docando Casanova, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para poder examina-lo espediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1397/1993 (BOE do 9-8-1993) determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposción da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30-9-1996).

Lugo, 6 de abril de 1999.

Decreto 227/1998, do 10 de xullo

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Luis Vázquez Rodríguez78.780.992LU-E 73/9923-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Suafonte 31, BurelaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses
Mª Jesús Fernández Lanza33.839.514LU-E 65/9923-o) en relación co 26-e) LO 1/1992r/ Illas Canarias, 53, LugoAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses
Antonio González Acosta50.803.019LU-E 72/9923-e) LO 1/1992Avda. Galicia 43, Monforte de LemosAta 5.000.000 de ptas. e/ou clausura do establecemento polo período de ata 6 meses
Minimal Pub, S.L.B-27.219.690LU-E 68/9926-e) LO 1/1992r/ Galicia 9, LugoAta 50.000 ptas.
Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 66/9926-e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.