Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 20 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-321/98, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador emitida polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que se poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-321/98.

Denunciados: Mosquera Guntiñas, CB.

CIF: B-27.207.612.

Último enderezo coñecido: r/ Real, 9, Monforte de Lemos.

Feito denunciado: transportar no camión matrícula LU-1712-T conducido por José López García, que circulaba pola estrada N-120 á altura do km 535 ás 18.45 horas do día 20 de setembro de 1998, 2 vacas procedentes de Monforte de Lemos, e carecer da documentación oficial de traslado que amparase os citados animais.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 32 do Regulamento de epizootias, do 4 de febreiro de 1955, 1º do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG do 15 decembro) e 4º da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG do 4 de setembro).

Precepto sancionador: artigo 212 do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 10.000 pesetas.

Lugo, 20 de abril de 1999.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo