Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.857

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados por Orde do 15 de abril de 1998, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 30 de abril de 1999, regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 15 de abril de 1998, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados por Orde do 15 de abril de 1998 (DOG do 24), conforme recolle o anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira ou segundo segundo corresponda.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

Corpo de profesores de ensino secundario.

Música e psicoloxía e pedagoxía.

Presidente: Prol Cid, Constantino.

Vocais:

Duarte Blanco, Magdalena.

Fernández-Albalat García, Antonio.

Quintela Viña, Encarnación.

Travieso Mougan, Javier.

Tecnoloxía, educación física e debuxo.

Presidente: González González, Alfonso.

Vocais:

Lema Pérez, César.

Pite Sanjurjo, Soledad.

Roig Rechou, Mª de la Merced.

Vázquez Barca, Jesús José Mª.

Área: formación profesional específica.

Presidente: Perujo de Llano, Félix.

Vocais:

García Lasanta, Mª Dolores.

García Seco, José.

Marcos García, Mª Esther.

Quiroga Fernández, Mª Isabel.

Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidente: Vázquez Álvarez, Ricardo.

Vocais:

Botana Botana, Jorge.

Filgueira Esperante, Francisco.

García Santiso, Manuel.

Rendo Pazos, Romualdo.

Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Presidente: Durán Alonso, Juan.

Vocais:

Casado Tarín, Carlos Jesús.

Groba Otero, Clara.

Timiraos Ferreiro, Elisa.

Varela Sanjurjo, Manuel.

Corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Presidente: Porral Mato, Rodrigo.

Vocais:

Campo Prieto, Carlos.

Gallardo Quiroga, Jorge.

Lopez Lafuente, Jorge.

Souto Sánchez, Ana.