Na base común 12 da Orde do 15 de abril de 1998 (DOG do 24) regúlase e establécese a necesidade de realizar prácticas docentes previas ó nomeamento dos interesados como funcionarios de
carreira, co obxecto de valora-las aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición.
Na súa virtude, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de ensino secundario serán nomeadas tres comisións cualificadoras, unha para as disciplinas de música e pedagoxía e psicoloxía, outra para as disciplinas de tecnoloxía, educación física e debuxo e outra para as disciplinas da formación profesional específica formadas por especialistas nas respectivas áreas e que terán a seguinte composición:
-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.
-Catro vocais, designados entre os profesores de ensino secundario.
Segundo.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional específica será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:
-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.
-Catro vocais, designados entre os profesores técnicos de formación profesional.
Terceiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores de música e artes escénicas será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:
-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.
-Catro vocais, designados entre os profesores de música e artes escénicas.
Cuarto.-Para a valoración dos aspirantes ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño será nomeada unha comisión cualificadora formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:
-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.
-Catro vocais, designados entre os profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.
Quinto.-A inspección ó servicio da Administración educativa poderá visita-lo profesorado en prácticas e emitirá un informe sobre o desenvolvemento da súa función, que será tido en conta pola comisión avaliadora.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 1999.
Jaime García García
Director xeral de Persoal