Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.857

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 20 de abril de 1999 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 11 de febreiro de 1999 (DOG nº 41, do 1 de marzo de 1999), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de tra

ballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 11 de febreiro de 1999 (DOG nº 41, do 1 de marzo).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Ramón Díaz, Antonia.

N.R.P.: 3275937668 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: Superior da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Xestión Administrativa.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Currás Prado, Mª. Belén.

N.R.P.: 3385503213 A2061.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: Facultativo Superior.

Posto de traballo: Servicio de Obras e Supervisión de Proxectos.

Dependencia: División de Recursos Económicos do Sergas.

Localidade: Santiago de Compostela.