Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de urbanización porticado da rúa García Sabell.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Financiamento do contrato:

Este contrato financiarao a Deputación Provincial con cargo á partida 02-5111-611.01 do orzamento xeral en vigor do Concello de Ferrol.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación do expediente: trámite normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

5. Orzamento base de licitación:

Sinálase como tipo de licitación: 11.000.000 de ptas, incluído o IVE.

6. Garantía:

Provisional: 220.000 ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Domicilio: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de remate de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día no que apareza publicado o último anuncio de licitación, ben no DOG ou no BOP. (Se o último día coincidise en sábado, festivo ou domingo, trasladarase ó seguinte día hábil).

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.

1ª. Entidade: Concello de Ferrol.

2ª. Domicilio: praza de Armas, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Ferrol-15402.

4ª. Teléfono: 981 33 67 03.

5ª. Fax: 981 35 41 22.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Domicilio: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 20 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado