Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 21 de abril de 1999, aprobou a contratación, mediante concurso, para a adquisición de moblaxe para o novo edificio administrativo do Concello de Lugo, por este anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a adquisición de moblaxe para o novo edificio administrativo do Concello de Lugo, segundo o establecido no anexo ó prego de condicións.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega e montaxe, nas instalacións municipais, será de 7 días desde a súa petición polo Negociado de Contratación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: o prezo do contrato será o resultado de aplicarlle ó material efectivamente subministrado, durante un ano, os prezos unitarios ofrecidos polo adxudicatario, cos descontos que correspondan de acordo coa súa oferta e os derivados das cantidades que se van subministrar.

5. Garantías:

Provisional: 400.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03, 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina do Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.D.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que teña lugar, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 27 de abril de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria habilitada

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde