Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de abril de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 15/1998 no Ensanche, que comprende as parcelas propiedade de José Manuel Sante Rivera e outros C.B., situadas na r/ Ponzos e bordo da estrada da Trincheira, cualificadas no Plan xeral como edificable en 257,2 m e como zona verde (V-55) en 237 m na segunda parcela e como equipamento docente (DEGB-8) en 224 m na terceira parcela e no ámbito da UR-20.

De conformidade co establecido no artigo 38 do regulamento citado, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efectos de presentación de reclamacións e observación que, se é o caso, terán que dirixirse á Alcaldía-Presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expedinte na Xerencia de Urbanismo do concello e en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 7 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado