Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: luz pública nos barrios de Vilarín, Maceda, Gruñedo, Teixeda, Bitureiro, Albaredo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Ramalledo, Berlán e Cogula, na parroquía de Montecubeiro.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 6.801.157 ptas.

d) Garantía provisional: 136.023 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: luz pública nos barrios de Paderne e Ferreira, na parroquia de Paderne, e nos lugares de Meda e Córneas, na parroquia de Meda.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 6.149.406 ptas.

d) Garantía provisional: 122.988 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

4. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: luz pública no barrio de Vilalle, na parroquía de Vilalle, e no barrio de Tórdea, na parroquia de Tórdea.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 5.729.910 ptas.

d) Garantía provisional: 114.598 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde; Praza do Concello, 2-C.P. 27120-Castroverde (Lugo). Teléfono: 982 31 20 80. Fax: 982 31 20 11.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, Praza do Concello número 2.

9. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 5 de maio de 1999.

José María Arias Fernández

Alcalde