Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (11/1999).

A Alcaldía Presidencia con data do 28 de abril deste ano, resolveu:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para o desenvolvemento do APE-H4.02 do vixente plan xeral, na rúa Adelaida Muro, números 12-14, presentado por Inmobiliaria Masar, S.L., se ben hai que entender que cando se definen e se sinalan no plano aliñacións interiores e exteriores, estase a defini-la liña de edificación.

2. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que á vista do expediente que permanecerá exposto ó público na oficina de planeamento de luns a venres, desde as 12 ata as 13,30 horas, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda