Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da asistencia técnica para elaboración de estudios e proxectos de obra que interese á dirección do complexo, así como do seguimento nas instalacións, mediante procedemento aberto. (Expediente 28/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: asistencia técnica para elaboración de estudios e proxectos de obra que lle interese á dirección do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, así como o seguimento, nas instalacións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento estimado: 11.599.992 ptas. (once millóns cincocentas noventa e nove mil novecentas noventa e dúas ptas.), IVE incluído.

69.717,35 euros (sesenta e nove mil setecentos dezasete euros con trinta e cinco céntimos de euro), IVE incluído.

3. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de setembro de 1999 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que recolle o artigo 199 da Lei 19/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 16 da LCAP.

8. Solvencia técnica: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 19 da LCAP.

9. Criterios de adxudicación:

Coñecementos e experiencia: ata 5 puntos.

Valoración económica: ata 3 puntos.

Outros factores: ata 2 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solictiados no departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela