Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril do 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de válvulas cardíacas (plurianual) (C.P. 65/1999).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de compentencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono 981 17 80 73. Telefax 981 17 80 32.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de válvulas cardíacas.

Orzamento total: 188.075.000 ptas. (IVE incluído) (1.130.353,52 euros) (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 5 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1.-Válvula mecánica bidisco: 79.100.000 ptas. (475.400,57 euros).

Lote 2.-Válvula biolóxica non soportada: 21.600.000 ptas. (129.818,61 euros).

Lote 3.-Válvula biolóxica soportada: 15.450.000 ptas. (92.856,37 euros).

Lote 4.-Válvula biolóxica soportada: 61.800.000 ptas. (371.425,48 euros).

Lote 5.-Conducto vlavulado bidisco: 10.125.000 ptas. (60.852,48 euros).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e, se é o caso, a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio en que poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 4 de xuño de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 11 de xuño de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hotel de

Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do día 22 de xuño de 1999.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de finanaciamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos á conta mediante transferencia, con periocidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes a situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para adxudicación do contrato:

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.

17. Data de envío do anuncio: 6 de marzo de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 30 de abril de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña