Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se corrixe parcialmente a do 28 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación de determinados contratos administrativos polo sistema de concurso aberto. (Expediente PO-97/030 e tres máis).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 86, do xoves 6 de maio de 1999,

DISPOÑO:

1º Face-la oportuna corrección: na páxina 5.437, en canto o contrato de «obra de substitución de baixantes nos bloques 1 e 2 (UVA 2), no Polígono de Caranza, Ferrol. Expediente: C-99/REP02», onde dí: «Clasificación grupo C; subgrupo 6; categoría c. Grupo J; subgrupo 4; categoría c», debe dicir: «Clasificación: non se esixe.».

2º O prazo de presentación de proposicións establecido na sinalada resolución computarase a partir do día seguinte ó da publicación da presente corrección, unicamente en canto o contrato obxecto da mesma.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

P.D.

Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo