Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.797

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 1999 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos de distintos grupos e categorías convocadas pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG número 242, do 12 de decembro).

Pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o acceso ás distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V da Xunta de Galicia, sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron este mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro) e a do 22 de decembro de 199, (DOG nº 19, do 29 de xaneiro). Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e celebrado o acto previsto na Orde do 7 de abril de 1999 (DOG nº 71, do 15 de abril, corrección de erros DOG nº 75, do 21 de abril) esta consellería, de conformidade co disposto no III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia ós aspirantes aprobados que se relacionan no

anexo desta orde, ordenados, nas distintas categorías, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles como destinos definitivos, os que figuran no anexo.

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refiren os anexos desta orde deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes previsto no artigo 13 do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante, á elección do/a demandante, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu domicilio ou o da Coruña, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública