Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de licitación para a contratación das obras de abastecemento de auga a Muras, (continuación).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da obra de abastecemento de auga a Muras (continuación).

b) Lugar de execución: Muras.

c) Prazo de execución: cinco meses a partir da data de sinatura da acta de comprobación de replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.366.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello de Muras (secretaría).

b) Enderezo: Praza do Concello, 4.

c) Localidade e código postal: 27836 Muras.

d) Teléfono e fax: 982 50 00 01 e 982 50 00 63.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día do remate de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: de 9 a 14 horas, durante 13 días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Muras (rexistro xeral).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Muras (salón de sesións).

b) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado; en tal caso faríase o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece horas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos derivados da contratación e formalización do contrato, incluíndose anuncios de licitación e taxas, así como o pagamento de tributos estatais, locais e autonómicos derivados do contrato.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido á información pública o prego de condicións técnico-administrativas que rexerá esta contratación, polo presente anuncio faise saber que, de se presentaren reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Muras, 29 de abril de 1999.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde-presidente