Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de acondicionamento de locais para ludoteca e sala de reunións en Monte Porreiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Plaza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

A) Descricion do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

B) Prazo de execución: un mes e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 15.374.012 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: provisional: 307.480 ptas. Definitiva: 614.960 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Plaza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que se presentará: cláusula 12ª do prego.

C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

D) Prazo durante o cal el licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

9. Anuncio extenso: no BOP.

Pontevedra, 29 de abril de 1999.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral