Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do 28 de abril de 1999, en relación coa modificación puntual do PXOU, por maioría absoluta, acordou o seguinte:

1º Aprobar definitivamente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Celanova entre r/ San Rosendo e a r/ do Cercado coa finalidade de permiti-la construcción dunha entreplanta na banda de edificación.

2º Cumpri-los demais trámites previstos na Lei 7/1995, do 29 de xuño, e na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da devandita Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Celanova, 30 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado