Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.752

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (19/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 19/1998-10, por instancia de axente garda civil número 32.287.771, contra José M. Sánchez Padilla; nas súas actuacións dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva literalmente o seguinte:

«Sentencia.-en nome de El-Rei en Santiago de Compostela, o 18 de xuño de 1998 Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 19/1998, no que actuaron como partes, como denunciantes: axente garda civil abel Bello Gante, e como denunciado, José María Sánchez Padilla.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a José María Sánchez Padilla, como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código Penal á pena de multa dun mes a razón de 200 ptas. de cota diaria, así como as custas procesuais e que deberá facer pagamento unha vez que sexa requirido para iso.

Contra esta sentencia, poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou contitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da súa indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadaspor causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a José Sánchez Padilla, expido e asino en Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado