Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.751

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (56/1999).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido, fai saber: que neste xulgado se segue expediente de dominio, por instancia de José Manuel Varela Carregal e María de los Ángeles López Rouco, representados pola procuradora Ángeles Regueiro Muñoz, sobre o seguinte predio:

O Predio nº 47 do plan xeral de concentración parcelaria de Santa María de Rendal. Rústico: terreo dedicado a sequeiro, no sitio de Novio, concello de Arzúa. Linda, ó norte, Ermitas Codesido Prego (46); sur, camiño e camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria; leste, con zona excluída; e oeste, con zona excluída. Ten unha extensión superficial de trinta e seis áreas e dez centiáreas.

Por providencia do 12 de marzo de 1999, admitiuse a trámite a demanda ó se teren cumpridos os requisitos legais, acordándose cita-las persoas hoxe ignoradas ás que puidese prexudica-lo expediente de dominio, co fin de que dentro dos dez días seguintes, poidan comparecer ante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

E para que lles sirva de emprazamento ás persoas en ignorado paradoiro ás que puidese prexudica-lo expediente de dominio, expido esta cédula que asino en Arzúa, o doce de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario xudicial

Rubricado