Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.751

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

EDICTO (02/0004215/1999).

Por medio deste edicto faise saber que, en providencia dictada do día da data, esta sección segunda

da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación de Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, contra orde da Consellería de Pesca do 4-1-1999 (DOG 1169, do 2-2-1999), pola que se regula a constitución de agrupacións no seo das confrarías de pescadores.

Recurso número 02/0004215/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, non sendo emprazadas persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 9 de abril de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado