Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.747

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se lle encarga ó secretario xeral e do Patrimonio o despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Con motivo da ausencia temporal do director xeral de Política Financeira e Tesouro é necesario prove-la súa substitución, de xeito que se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución dos asuntos encomendados á dirección xeral de que é titular.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo único.-O exercicio das competencias da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, previstas no artigo 8 do Decreto 13/1997, do 23 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, quedan encomendadas ó secretario xeral e do Patrimonio ata que se reincorpore ó seu posto o titular da citada dirección xeral.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda