1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto: xestión indirecta do servicio de explotación, para bar-restaurante, da Rectoral de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela) (Lugo), mediante a modalidade de concesión.
3. Orzamento: 25.000 ptas/mensualidade.
4. Duración do contrato: 10 anos.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.
6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
9. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 96, con data do 29 de abril de 1999.
Lugo, 29 de abril de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo