Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Concello de Xermade (Lugo) anuncia concurso relativo á execución da obra C.L. de Landoi a Aguasroibas (Cazás), polo procedemento aberto.

Prazo de execución: 6 meses.

Tipo de licitación: 13.652.000 ptas (82.050,172 euros).

Fianzas: provisional 2% do tipo de licitación e 4% a definitiva.

Información: Concello de Xermade (Lugo). Teléfono: 982 50 10 01 e 982 50 10 02.

Prazo e horas en que poderán presentarse proposicións na secretaría: das 9 ás 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no DOG.

Apertura de ofertas en acto público: ás 13 horas do día hábil a aquel en que acabe o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello.

Os anuncios derivados da publicación da licitación serán por conta do adxudicatario.

Xermade, 30 de abril de 1999.

Manuel González Fernández

Alcalde