Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, das obras do proxecto de luz pública en Ladra e outros; Plan de Cooperación 1999, obra nº 84, exponse ó público polo prazo de oito días, na secretaría deste concello, para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de cláusulas administrativas particulares, a contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto das obras do proxecto de luz pública Ladra e outros; Plan de Cooperación 1999, aínda que no suposto de se produciren reclamacións contra o prego, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas pola propia corporación.

Vilalba, 3 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado