Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: aluguer de vehículos para persoal adscrito ó Servicio de Vías e Obras.

3. Orzamento: 17.000.000 de ptas.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

9. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 96, con data do 29 de abril de 1999.

Lugo, 29 de abril de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo