Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (10/1999).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 29 de marzo deste ano, resolveu:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización, redactado de oficio polo enxeñeiro de camiños municipal na travesía Hogar Calvo Sotelo.

2. Somete-lo expediente a información pública durante un mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de abril de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda