Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (4/1999).

A Alcaldía-Presidencia con data do 21 de abril do presente ano resolveu:

1. Aprobar inicialmente o Plan Parcial S. Uble. S-5, Valle de Mesoiro, presentado por María José Jove Santos, en nombre e representación da Comisión Xestora da Xunta de Compensación do Polígono de Mesoiro, debendo corrixir antes da aprobación definitiva as deficiencias sinaladas nos informes técnicos.

2. Inicia-lo expediente para a execución do sistema xeral viario VG-06 en Mesoiro.

3. Ordena-la publicación da presente resolución na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de abril de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda