Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de abril de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de subrogación na vivenda con expediente C-1480, conta 1, da que foi titular Teresa González Varela, falecida o 10-5-1973.

De conformidade co disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós herdeiros de Teresa González Varela a resolución de subrogación con data do 30 de marzo de 1999 na vivenda sita en Noia, Grupo Juan Suárez Oviedo, Sofreixos, bloque 1, portal 1, baixo dereita, rúa Santiago Abella nº 6, baixo dereita (expediente C-1480, conta 1) en cumprimento do establecido no libro III, título III do Código civil, sobre sucesións, ó terse amortizado a totalidade da vivenda no ano 1997.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta notificación ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de abril de 1999.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña