Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.667

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (109/1998-M).

Victoria Moyano Ruíz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo.

Dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 109/1998, seguido ante este xulgado por lesións, e no que foi denunciante Darío Fernández Raposo e denunciado Manuel Alvite Fidalgo e Nieves Méndez Rodríguez, se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número ... en Carballo, o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e nove. Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Carballo, viu os presentes autos de xuízo de faltas 109/1998, sobre lesións en tráfico, en que foron partes, como denunciante, Darío Fernández Raposo, como denunciado Manuel Alvite Fidalgo, como responsable civil subsidiaria, Nieves Méndez Rodríguez, e como responsable civil directa a compañía de seguros Aegón, S.A., representada por Cambón Penedo. Compareceu unicamente a compañía de seguros Aegón, S.A., representada polo procurador Cambón Penedo. De conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El-Rei, dictou a seguinte.

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Alvite Fidalgo dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor perante esta xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, mediante escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Manuel Alvite Fidalgo e Nieves Méndez Rodríguez, que se encontra en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Carballo o trece de abril de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado