Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.667

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999 pola que se nomea a Martín Llamas Nistal membro dos tribunais que xulgarán as probas selectivas para a provisión das prazas de técnico especialista en informática (operador) e técnico especialista en informática (xestión de redes e sistemas informáticos).

En uso das atribucións conferidas polo artigo 18 en relación co artigo 3 e) da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro) de reforma universitaria, así como nos estatutos desta universidade este rectorado resolveu nomear a Martín Llamas Nistal, membro dos tribunais que a continuación se relacionan:

-Probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnico especialista en informática (operador) convocadas por Resolución do 5 de maio de 1998 (DOG do 2 de xuño).

Presidente suplente: Martín Llamas Nistal, director da Área de Tecnoloxía da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

-Probas selectivas para a provisión de tres prazas de técnico especialista en informática (xestión de redes e sistemas informáticos) convocadas por Resolución do 16 de abril de 1998 (DOG do 20 de maio).

Presidente suplente: Martín Llamas Nistal, director da Área de Tecnoloxía da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

Vigo, 22 de abril de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo