Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.666

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas (grupo A), publicadas por Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG número 214, do 4 de novembro).

Advertido erro material nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas (grupo A), publicadas no DOG nº 214, do 4 de novembro, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación do erro material indicado, no sentido de incluír a Manuel Jesús César Couso na lista do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas (grupo A), que pasa a ocupa-lo número de orde 22 no ámbito territorial de servicios centrais e o número de orde 19 no ámbito territorial da Coruña.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública