Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.666

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), publicadas por Resolución do 16 de xullo de 1998 (DOG número 140, do 22 de xullo).

Advertido erro material nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), publicadas no DOG nº 140, do 22 de xullo, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación do erro material indicado, no sentido de incluír a Javier Gómez Garrido na lista do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) (lista A2), que pasa a ocupa-lo

número de orde 35 no ámbito territorial de servicios centrais e o número de orde 20 no ámbito territorial de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública