Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999 sobre homologación do curso: creación e xestión de productos a partir do patrimonio cultural e histórico organizado pola Escola Oficial de Turismo da Secretaría de Estado de Comercio, Turismo e Pemes.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, da Orde do 26 de marzo de 1998, pola que se regula a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, esta dirección xeral resolve homologa-lo curso creación e xestión de productos a partir do patrimonio cultural e histórico, organizado pola Escola Oficial de Turismo da Secretaría de Estado de Comercio, Turismo e Pemes coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para os efectos establecidos no artigo 4º da referida orde.

Este curso terá 35 horas de duración entre os días 10 e 14 de maio e desenvolverase na cidade de Ourense.

O Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación da Dirección Xeral de Turismo, así como a Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense, informarán os interesados de tódolos aspectos referentes a este curso.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo