Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO para a adxudicación, por concurso, da xestión de servicio para pólizas de seguros de bens (contido e continente), de riscos patrimoniais, persoais e responsabilidade civil derivados do uso de vehículos a motor, e de responsabilidade civil xeral do Concello de Culleredo.

Entidade adxudicadora:

Concello de Culleredo (A Coruña).

Praza do Concello, s/n. Tarrío. Culleredo (A Coruña). España.

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

Obxecto do contrato:

Póliza de seguros de bens (contido e continente), de riscos patrimoniais, persoais e responsabilidade civil derivados do uso de vehículos a motor, e de responsabilidade civil xeral do Concello de Culleredo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento: 1.200.000 ptas. (7.212,15 euros), 2.288.960 ptas. (13.756,93 euros) e 1.200.000 ptas. (7.212,15 euros), respectivamente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do orzamento.

Duración do contrato: 4 anos.

Obtención de documentos e información:

Concello de Culleredo.

Praza do Concello, s/n. Tarrío.

Culleredo. A Coruña (España).

Enviaranse contra reembolso ou logo de pagamento dos gastos que ocasione.

Presentación de ofertas: 26 días hábiles desde o último anuncio (BOP, DOG).

Apertura de ofertas: 10 días hábiles a partir do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado trasladarase ó día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 7 de abril de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde