Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 1998 adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter definitivo o plan parcial presentado pola sociedade Urbanización Mansosol, S.L. correspondente a unha parte da área 2 de SUNP delimitada no PXOU deste municipio no lugar da Zapateira-Rutis, cunha modificación respecto ó documento inicialmente aprobado derivada do informe da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consistente en incluír no cadro de características o aproveitamento correspondente a centro docente.

O anterior acordo é firme en vía administrativa e contra el pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa publicación.

Culleredo, 13 de abril de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde