Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión con data do 25 de marzo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Contratas e Comercio, S.L., en Travesía de Vigo, esquina Xegadas, que ten como finalidade o axuste e reordenación da rasante e aliñación na confluencia das citadas rúas, mellorando a accesibilidade e funcionalidade do sistema viario nese punto e reducindo, ó mesmo tempo, as pendentes da vía Trav. da Avda. de Vigo.

Contra o presente acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñer, no prazo de dous meses, seguintes ó día da súa publicación no DOG, o recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación ó órgano que o dictou, segundo o disposto polo artigo 110.3º

da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que coide procedente.

Cangas, 7 de abril de 1999.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde