Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999 pola que anuncia concurso público, con procedemento aberto, para selecciona-la mellor oferta para a promoción, construcción e explotación do equipamento previsto para a parcela municipal no Plan Parcial do Pasatempo, outorgándolle ó adxudicatario os dereitos de superficie sobre ela.

Aprobado polo Pleno da Corporación o 28-4-1999 o prego de condicións particulares-administrativas e técnicas que rexerá o concurso público con procedemento aberto para selecciona-la mellor oferta para a promoción, construcción e explotación do equipamento previsto para a parcela municipal no Plan Parcial do Pasatempo, outorgando ó adxudicatario os dereitos de superficie sobre ela, exponse ó público por espacio de oito días soltos, de acordo coa lexislación vixente, simultaneamente anúnciase concurso público con procedemento aberto para selecciona-la mellor oferta para a promoción, construcción e explotación do equipamento previsto para a parcela municipal no Plan Parcial do Pasatempo, outorgándolle ó adxudicatario os dereitos de superficie sobre ela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 15/1999.

2. Obxecto do contrato:

Selecciona-la mellor oferta para a promoción, construcción e explotación do equipamento previsto para a parcela municipal no Plan Parcial do Pasatempo, outorgando ó adxudicatario os dereitos de superficie sobre ela, consonte o prego de condicións.

a) División por lotes e número: non.

b) Lugar de execución: predio número 121 do proxecto de compensación de O Pasatempo.

c) Prazo de execución (meses): consta no prego de condicións particulares-administrativas e técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico:

O concursante ofrecerá na súa proposición un canon ó Concello de Betanzos que consistirá nunha cantidade fixa que será como mínimo de cen millóns de pesetas, (...euros).601,012,10.

5. Garantías:

Provisional: 2% do canon inicial mínimo.

Definitiva: 2 anualidades do canon periódico e un 3% do investimento programado en inmovilizado inmaterial.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Pza. Constitución 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

Desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista:

a) Xerais: poderán formular oferta as persoas naturais ou xurídicas, a título individual ou en agrupación ou en unión temporal con plena capacidade de obrar.

b) Outros requisitos: o concursante deberá xustificar tamén que conta con solvencia económica, financeira e técnica para cumpri-la súa proposta consonte o punto 8.4 do prego de condicións particulares-administrativas e técnicas que rexerá o concurso público para selecciona-la mellor oferta para

a promoción, construcción e explotación do equipamento previsto para a parcela municipal no Plan Parcial do Pasatempo.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar:

A que consta no prego de condicións particulares-administrativas e técnicas.

a) Lugar de presentación: Secretaría Xeral.

b) Admisión de variantes: cada concursante non poderá presentar máis que unha oferta, sen embargo cada oferta pode conter cantas solucións variantes e distintas considere oportunas en relación co obxecto do concurso.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Praza da Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día solto seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: doce horas.

9. Gastos de anuncios:

A custa do adxudicatario.

Betanzos, 30 de abril de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente