A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11-5-1998) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva de material de hixiene e protección para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
3. a) Lugar de entrega: no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar:
nº unitario
pesetas estimado
unidades pesetas euros
Lote
Prezo
Consumo
Importe
Importe
Luvas de vinilo talle mediano
Luvas de vinilo talle pequeno 600.000
650.000
800.000
1 Toalleta lavado de enfermos 3.800.000 17.100.000 102.773,07
2 Esponxa xabonosa 500.000 2.125.000 12.771,51
3 Panos dun só uso en caixa 160.000 11.120.000 66.832,54
4 Salvacamas 60x60 320.000 7.840.000 47.119,35
5 Compresa tocolóxica grande 200.000 1.350.000 8.113,67
6 Luvas de vinilo talle grande
7 Cueiro adulto grande 210.000 12.390.000 74.465,40
8 Depósito seguridade grande 13.500 3.712.500 22.312,57
Importe: 65.477.500 (sesenta e cinco millóns catrocentas setenta e sete mil cincocentas ptas.). 393.527,70 euros (trescentos noventa e tres mil cincocentos vintesete euros con setenta céntimos de euros).
Duración: un ano desde o 1 de xuño de 1999 ou data da sinatura do contrato se é posterior.
Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no punto 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: o que se establece no prego de prescricións técnicas.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 3 de xuño de 1999.
c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.
6. a) Data límite de recepción de ofertas: 10 de xuño de 1999.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.
c) Lingua o linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelan e/ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.
8. Garantías esixidas.
Provisional: 2% do orzamento estimado.
Definitiva: 4% do orzamento estimado.
Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións publicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/o referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: tres meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:
Oferta económica: ata un máximo de 50%.
Calidade dos materiais: ata un máximo de 30%.
Servicio técnico da suministración: ata un máximo de 20%.
14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.
15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non enviado.
17. Data de envío do anuncio: 19 de abril de 1999.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999.
Manuel Ariza López
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Santiago de Compostela