Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de abril de 1999, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de aluguer, P-004/98 e catro máis, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e na alínea 1ª do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que consideren convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de abril de 1999.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/510 (Expte. Desaf. P-004/98).

Cta.: 59.

Nome: Amalia Sequeiros Valverde.

Enderezo: Avda. Martínez Garrido, 71, baixo H (Vigo).

Importe débeda: 592.684 ptas.

Expediente: PO-ADQ-1/87 (Expte. Desaf. P-020/98).

Cta.: 10.

Nome: Ricardo Román Villaverde.

Enderezo: r/ Lorient, Ptal. 5, 4º B (Vigo).

Importe débeda: 1.192.033 ptas.

Expediente: PO-83/490 (Expte. Desaf. P-006/99).

Cta.: 83.

Nome: Jaime Barcelo Alonso.

Enderezo: Pol. Torneiros, 3ª Fase, Blq. 23, Ptal. 2, baixo A (O Porriño).

Importe débeda: 897.467 ptas.

Expediente: PO-83/450 (Expte. Desaf. P-012/99).

Cta.: 32.

Nome: Manuel Gómez Jiménez.

Enderezo: r/ Torrecedeira, 73, 4º E (Vigo).

Importe débeda: 1.256.839 ptas.

Expediente: PO-83/520 (Expte. Desaf. P-028/99).

Cta.: 71.

Nome: Luisa Pozo Panal.

Enderezo: r/ Torrecedeira, 74, 3º K (Vigo).

Importe débeda: 821.489 ptas.