Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de abril de 1999, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de acceso diferido, P-051/98 e un máis, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co esta

blecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e na alínea 1ª do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e último enderezo coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que consideren convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de abril de 1999.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-283-CD/67 (Expte. Desaf. P-051/98).

Cta.: 8.

Nome: Enrique Hermida Solla.

Enderezo: polígono Campolongo, Virxe Peregrina, Blq. B-1, 2º D (Pontevedra).

Importe débeda: 131.902 ptas.

Expediente: PO-832 (Expte. Desaf. P-017/99).

Cta.: 187.

Nome: C. Villar Pineda.

Enderezo: Camiño Maceiras, nº 26, 2º H (Vigo).

Importe débeda: 25.584 ptas.