Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave OH.136.426/EXP.

A) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para seguimento do proceso expropiatorio e control xeométrico das obras do encoro do río Umia en Caldas de Reis. (Caldas de Reis, Cuntis e Moraña-Pontevedra).

Clave: OH.136.426/EXP.

Orzamento: trinta e oito millóns cincocentas mil pesetas (38.500.000 ptas., equivalentes a 231.389,66 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para os efectos de acreditaren a súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: setecentas setenta mil pesetas (770.000 ptas., equivalentes a 4.627,793 euros).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vinteseis (26) de maio de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día sete (7) de xuño de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia