Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica consistente na redacción de proxectos de descontaminación de solos potencialmente contaminados en diversas factorías da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: redacción de proxectos de descontaminación de solos potencialmente contaminados en diversas factorías da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Orzamento base de licitación: 37.500.000 ptas., IVE incluído.

Factorías lote 1: 7.050.000 ptas., IVE incluído.

Factorías lote 2: 7.380.000 ptas., IVE incluído.

Factorías lote 3: 18.000.000 ptas., IVE incluído.

Factoría lote 4: 5.070.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional: 2% do importe de licitación ou do lote ou lotes ós que se presenten ofertas.

Lote 1: 141.000 ptas.

Lote 2: 147.600 ptas.

Lote 3: 360.000 ptas.

Lote 4: 101.400 ptas.

Total: 750.000 ptas.

5. Fianza definitiva: 4% do importe de licitación ou do lote ou lotes ós que se presenten ofertas.

Lote 1: 282.000 ptas.

Lote 2: 295.200 ptas.

Lote 3: 720.000 ptas.

Lote 4: 202.800 ptas.

Total: 1.500.000 ptas.

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

7.2. Información: teléfono 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1999.

P.D. (Orden 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente